sábado, 19 de diciembre de 2009

TIC TAC


Título: TIC TAC
Autor: Pablo Díaz
Ilustracións:  Marc Taeger
Editorial: Kalandraka, novembro, 2009.
Queremos desde aquí felicitar a Pablo Díaz, autor deste libro musical que, ilustrado por Marc Taeger nos acaba de chegar ó cole recién saído do forno...
A Pablo o coñecemos porque xa veu ao noso centro: xa son varios os anos que nos visita como contacontos de Kalandraka, achegando a todos os nenos e nenas o marabilloso mundo dos contos, e sobre todo envolvéndonos coa súa música.
Por todo isto, aquí vai a nosa recomendación, agora que chegan as datas do Nadal, para que non vos esquezades de pedirlle a Papá Nöel ou os Reis Magos que vos traian algún libro, xa que como dí Pablo, nunha das cantigas deste libro:
... Hai que ter un libro
a carón da cama
para poder ler
toda a semana...
...Un libro está
sempre comigo
e así pode ser
o meu amigo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario