martes, 7 de diciembre de 2010

CARACOIS


Títulos:
Caracol e caracola,
Que susto!,
Navega caracol,
Caracol e vermiño,
Caracol e formiga.

Autor: Armando Quintero
Ilustracións: André Letria
Editorial: OQO
Cinco relatos breves, relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade… E con imaxes que presentan situacións e personaxes cos que é fácil identificarse e experimentar emocións.
Se queredes mais información, pinchade aquí.

domingo, 7 de noviembre de 2010

CORRE CORRE, CABACIÑA


Autor: Eva Mejuto
Ilustracións: André Letria

Conto popular portugues, que nos narra o que lle ocorre a unha velliña cando vai á voda da súa neta. No camiño atopa a un lobo, un oso e un león...

lunes, 20 de septiembre de 2010

PREGUNTA Á DOCTORA PETEIRO SOBRE...







Colección da Editorial Baía
Autora: Claire Llewellyn

miércoles, 7 de julio de 2010

MILU


Título: MILU
Autor: MANUEL RIVAS
Ilustradora: AITANA CARRASCO
         “Milu” fálanos dunha nena que ten coma única compañía unha pequena televisión.
         Libro solidario, que dona o 10% das súas ventas á Fundación Meniños, promotora desta edición, para que os nenos e nenas que o necesiten, poiden ter un futuro mellor. Meniños, é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro, que traballa polo benestar da infancia e a adolescencia.

miércoles, 26 de mayo de 2010

ELMER


Título: ELMER
Autor: DAVID MCKEE
Editorial: XERAIS

Tiñámolo no Biblioteca, pero anda desaparecido,..., de todas formas non nos resistimos a deixar de comentalo e recomendalo.
Para pequenos e maiores...
Aquí vos deixamos un video do conto:

lunes, 10 de mayo de 2010

A PRINCESA DO CAUREL


Autor: PATACRÚA e JAVIER SOLCHAGA
Editorial OQO editora
Moi apropiado para estes días, nos que recordamos a vida e obra de UXÍO NOVONEYRA, poeta do Caurel.
Atopamos esta presentación do conto, elaborado polo alumnado da EEI Tarrío-Samieira, a partires das iliustracións. A ver se vos gusta.
Tamén hai unha canción, que nos gusta moito, no libro: "CONTOS EN CANTOS", do que xa falamos mais veces,...

martes, 4 de mayo de 2010

EL PEZ ARCOIRIS


Título: EL PEZ ARCOIRIS
Autor: MARCUS PFISTER
Editorial: BEASCOA
Onte, 4 de maio de 2010, o alumnado de Infantil do noso cole, foi de visita ao Aquarium Finisterrae de A Coruña. Pasárono de maravilla rodeados de peixes, peixes e mais peixes...
Ademais tiveron a sorte de que estando na sala Nautilus, lles contaron un conto: "El pez Arcoiris". Un conto que fala da amizade, de compartir,...
Para que saibades de que vai, aquí vos deixamos este video elaborado polo alumnado dun colexio de Laredo:

lunes, 26 de abril de 2010

OS PETOS DE LORETO


Título: Os petos de Loreto
Autor: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka
A señora Loreto ten un abrigo cheo de petos... que gardará nos seus petos a señora Loreto??
Con este libro, traemos ata o noso blogue a QUENTIN BLAKE, coñecido debuxante, sobre todo por ilustrar moitos dos libros dun autor maravilloso: ROALD DAHL. (Sobre este autor , o alumnado do IES A xunqueira de Pontevedra, elaborou un completo traballo que aquí vos enlazamos.)
Aquí vos deixamos un video con moitos debuxos deste recoñecido ilustrador. Disfrutádeo!!

OS CATRO AMIGOS


Título: "Os catro amigos"
Autores: J. e W. Grimm
Editorial: Kalandraka
"Érase unha vez un home que tiña un burro. Durante moitos anos o animal levou a carga ao muíño, mais agora..."
Así empeza a historia... e xa veredes como remata.

lunes, 22 de marzo de 2010

FESTAS!!

Hoxe, recomendámosvos, unha colección de libros, para que poidades escoller o que vos apeteza: son libros sen texto, só con título, pero, coma podedes ver moi directos. Ábrense e se convirten nunha ilustración moi loooooooooonga, (mellor dito, en dúas, unha por cada lado). Como vedes, cada un deles trata dunha festa tradicional das que se celebran en Galicia.


domingo, 21 de marzo de 2010

LIBROS CON RIMA

Da colección TARTARUGA, da editorial GALAXIA, son estes catro títulos. Todos eles con textos rimados, moi apropiados para a nosa semana da POESÍA.

"ADIVIÑAS", "ALOUMIÑOS" E "COPLAS", son títulos de Antonio García Teijeiro.
"POEMAS CON  PIRULETA", é de Carlos Fonte.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CROCODILO NAMORADO

TÍTULO: CROCODILO NAMORADO
AUTOR: DANIELA KULOT
EDITORIAL: FAKTORÍA K DE LIBROS
Primeiro libro dunha serie, que ten como protagonistas  unha xirafa e un crocodilo...
O pobre crocodilo está namorado da xirafa, pero ela non o sabe... Que fará o crocodilo para que o saiba?
( Mais información: aquí)

LA MANZANA ROJA

TÍTULO: LA MANZANA ROJA
AUTOR: FERIDUN ORAL
EDITORIAL: JUVENTUD

Acaba de chegarnos este álbum precioso, ambientado no inverno, e que mediante sinxelas ilustracións e pouco texto, nos fala de compartir, axudar,...

( Neste enlace, poderedes ver mais ilustracións deste conto. Disfrutádeas!!)

CHOCOLATA

TÍTULO: CHCOLATA
AUTORA: MARISA NÚÑEZ
EDITORIAL. OQO
Gústanos moito este conto. Trata sobre a viaxe que fixo Chocolata para ir visitar unha casa de baños...
Ademais, nun libro que xa aparecía neste blogue: "CONTOS EN CANTOS"  temos unha canción sobre este conto:

...CHOCOLATA, CHOCOLATA,
CHOCOLATA, CHOCO-CHOCO LA...
( Mais información sobre o conto , clickade aquí)

GRISELA

TÍTULO: GRISELA
AUTOR:ANKE DE VRIES
EDITORIAL: FAKTORÍA K DE LIBROS
( SE QUEREDES SABER ALGO MAIS DESTE LIBRO, CLICKADE AQUÍ)

lunes, 1 de febrero de 2010

A SOPRAR...

 Título: "SOPRA NESTE FURADIÑO"
Autor: ANTÓN CORTIZAS
Ilustrador: LEANDRO LAMAS
Editorial : EMBORA

Un libro que recomendamos para os mais pequenos. Só con dicir os nomes do autor e o ilustrador chega para saber que temos aquí un libro xenial.
Se queredes ter mais datos sobre eles, pinchade nos seus nomes:


martes, 19 de enero de 2010

LOBO FEROZ


Título: LOBO FEROZ
Autor: PATACRÚA & CHENÉ
Editorial: OQO EDITORA

Por que nos gustan tanto os libros de lobos?
Será porque aínda que comezan sendo moi feroces, rematan sempre perdendo...
Neste libro que aquí vos recomendamos, o lobo tenta comer a algúns animais, por querer cambiar a súa dieta, composta de papas de arroz. Non vos conto mais. O que si vos digo é que hai unha canción sobre este conto no libro: CONTOS EN CANTOS

Disfrutade!!!