sábado, 19 de diciembre de 2009

TIC TAC


Título: TIC TAC
Autor: Pablo Díaz
Ilustracións:  Marc Taeger
Editorial: Kalandraka, novembro, 2009.
Queremos desde aquí felicitar a Pablo Díaz, autor deste libro musical que, ilustrado por Marc Taeger nos acaba de chegar ó cole recién saído do forno...
A Pablo o coñecemos porque xa veu ao noso centro: xa son varios os anos que nos visita como contacontos de Kalandraka, achegando a todos os nenos e nenas o marabilloso mundo dos contos, e sobre todo envolvéndonos coa súa música.
Por todo isto, aquí vai a nosa recomendación, agora que chegan as datas do Nadal, para que non vos esquezades de pedirlle a Papá Nöel ou os Reis Magos que vos traian algún libro, xa que como dí Pablo, nunha das cantigas deste libro:
... Hai que ter un libro
a carón da cama
para poder ler
toda a semana...
...Un libro está
sempre comigo
e así pode ser
o meu amigo...

jueves, 3 de diciembre de 2009

CANDO MARTIÑO...


Autor: Chema Heras
Ilustrador: Kiko Dasilva
Editorial: Kalandraka, 1999
Xa casi un clásico para as datas do Nadal.
Martiño escribiu a súa carta aos reis magos pedíndolles unha locomotora. Na noite de reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os camelos, foi durmir. Pero entráronlle as ganas de mexar...

viernes, 20 de noviembre de 2009

HOMIÑO DE MAZAPÁN


Título: " Homiño de mazapán"
Autor: Raquel Méndez
Editorial: Kalandraka
Ímonos achegando a unhas datas moi larpeiras...Ás avoas lles gusta cociñar, pero ás veces...

miércoles, 18 de noviembre de 2009

ONDE VIVEN OS MONSTROS


Título: Onde viven os monstros
Autor: Maurice Sendak
Editorial: Kalandraka, 2009

Un libro que xa ten moitos anos (a súa primeira edición é do 1963...), pero que está de plena actualidade: a partires do 18 de decembro poderemos ver  a  película.

Aquí tedes o conto:

martes, 10 de noviembre de 2009

SOPA DE CALABAZA

Título: " Sopa de calabaza"

Autora: Helen Cooper

Editorial: Juventud

Sopa de calabaza, la mejor del mundo,


sopa de calabaza, la mejor del mundo,


hecha por el gato, que corta la calabaza,


hecha por la ardilla, que remueve la sopa,


hecha por el pato ... que pone el punto de sal.

lunes, 2 de noviembre de 2009

SAMAÍN


TÍTULO: " Indo para o Samaín"
AUTORES: Carlo Labraña Barrero e Sabela Labraña Barrero
EDITORIAL: Everest, Galicia
Un libro que é precioso, ademais de polo tema que trata, polas súas ilustracións. Ten algo mais que o fai especial: preséntase coma unha obra de teatro que invita á súa representación.
Sitúa a historia na vila de Cedeira, vila na que desde fai uns cantos anos se celebra por todo o alto a  festa do Samaín.

Aproveitamos para animarvos a que vexades este video en inglés:
THAT´S HOW A PUMKIN GROWS


That's How A Pumpkin Grows from fashionbuddha on Vimeo.

viernes, 30 de octubre de 2009

"UN GRAN SOÑO" Felipe Ugalde, Kalandraka, 2009.


"Era un pequecho con grandes soños,
ansioso por medrar, por ser grande,
por ser alguén que non pasase ...inadvertido".

COMO FACER UN CÓMIC


Gústanvos os cómics? Pois aquí tedes un libro que vos explica como facelos: para que vos convirtades en autores. Ánimo!!CÓMIC

jueves, 29 de octubre de 2009

FREDERICK




Este ratiño, xa facía tempo que andaba pola nosa biblioteca...

Agora volve, nuns libriños de pequeno formato, cuns títulos moi curiosos:



Coñecedes o seu autor?
Chámase LEO LIONNI. (pinchade no seu nome, veredes como seguro que vos soan outros contos seus!!)

GERÓNIMO STILTON


As aventuras de Gerónimo Stilton, agora tamén están en galego. Na nosa biblioteca temos:
  • O meu nome é Stilton. Gerónimo Stilton
  • Na procura da marabilla perdida.
  • O misterio manuscrito de Nostrarratus.
  • Benvidos ó castelo da Rocha Rañicas.