lunes, 22 de marzo de 2010

FESTAS!!

Hoxe, recomendámosvos, unha colección de libros, para que poidades escoller o que vos apeteza: son libros sen texto, só con título, pero, coma podedes ver moi directos. Ábrense e se convirten nunha ilustración moi loooooooooonga, (mellor dito, en dúas, unha por cada lado). Como vedes, cada un deles trata dunha festa tradicional das que se celebran en Galicia.


domingo, 21 de marzo de 2010

LIBROS CON RIMA

Da colección TARTARUGA, da editorial GALAXIA, son estes catro títulos. Todos eles con textos rimados, moi apropiados para a nosa semana da POESÍA.

"ADIVIÑAS", "ALOUMIÑOS" E "COPLAS", son títulos de Antonio García Teijeiro.
"POEMAS CON  PIRULETA", é de Carlos Fonte.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CROCODILO NAMORADO

TÍTULO: CROCODILO NAMORADO
AUTOR: DANIELA KULOT
EDITORIAL: FAKTORÍA K DE LIBROS
Primeiro libro dunha serie, que ten como protagonistas  unha xirafa e un crocodilo...
O pobre crocodilo está namorado da xirafa, pero ela non o sabe... Que fará o crocodilo para que o saiba?
( Mais información: aquí)

LA MANZANA ROJA

TÍTULO: LA MANZANA ROJA
AUTOR: FERIDUN ORAL
EDITORIAL: JUVENTUD

Acaba de chegarnos este álbum precioso, ambientado no inverno, e que mediante sinxelas ilustracións e pouco texto, nos fala de compartir, axudar,...

( Neste enlace, poderedes ver mais ilustracións deste conto. Disfrutádeas!!)

CHOCOLATA

TÍTULO: CHCOLATA
AUTORA: MARISA NÚÑEZ
EDITORIAL. OQO
Gústanos moito este conto. Trata sobre a viaxe que fixo Chocolata para ir visitar unha casa de baños...
Ademais, nun libro que xa aparecía neste blogue: "CONTOS EN CANTOS"  temos unha canción sobre este conto:

...CHOCOLATA, CHOCOLATA,
CHOCOLATA, CHOCO-CHOCO LA...
( Mais información sobre o conto , clickade aquí)

GRISELA

TÍTULO: GRISELA
AUTOR:ANKE DE VRIES
EDITORIAL: FAKTORÍA K DE LIBROS
( SE QUEREDES SABER ALGO MAIS DESTE LIBRO, CLICKADE AQUÍ)