lunes, 26 de abril de 2010

OS PETOS DE LORETO


Título: Os petos de Loreto
Autor: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka
A señora Loreto ten un abrigo cheo de petos... que gardará nos seus petos a señora Loreto??
Con este libro, traemos ata o noso blogue a QUENTIN BLAKE, coñecido debuxante, sobre todo por ilustrar moitos dos libros dun autor maravilloso: ROALD DAHL. (Sobre este autor , o alumnado do IES A xunqueira de Pontevedra, elaborou un completo traballo que aquí vos enlazamos.)
Aquí vos deixamos un video con moitos debuxos deste recoñecido ilustrador. Disfrutádeo!!

OS CATRO AMIGOS


Título: "Os catro amigos"
Autores: J. e W. Grimm
Editorial: Kalandraka
"Érase unha vez un home que tiña un burro. Durante moitos anos o animal levou a carga ao muíño, mais agora..."
Así empeza a historia... e xa veredes como remata.